"Sempre libres e vivas" un libro sobre como poñer en marcha a acción transmedia En negro contra as violencias, unha acción que se converteu en símbolo grazas á apropiación da cidadanía.
Distribuie Consorcio Editorial Galego, e venda online voandolibre.gal
Ir á nova completa
Sempre libres e vivas. En negro contra as violencias de xénero é un berro á sensibilización social que, neste libro, recolle o resultado dunha campaña transmedia que se levou a cabo baixo unha perspectiva transversal, comunitaria e en rede para concienciar a cidadanía sobre a existencia de diferentes formas de violencia machista que constitúen un grave problema social. A dimensión comunitaria da campaña ten o seu principal reflexo na apropiación da mensaxe por parte da poboación destinataria e dos stakeholders. Apostou, tamén, por identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións que están detrás das violencias de xénero a través do uso de materiais de campaña específicos, de código aberto e de libre uso para toda a poboación.
Proxecto lugares
Proxecto Lugares é unha iniciativa de pensamento contemporáneo, aprendizaxe e intervención paisaxística que se desenvolve no espazo público dunha das rutas máis transitadas en todo o mundo: o Camiño de Santiago.
Nace do cruzamento entre a arquitectura da paisaxe, a artesanía e o deseño, no eidocontemporáneo, coas comunidades locais que habitan territorios polos que transita o Camiño de Santiago.
Enlace ás publicacións (versión galego, castelán e inglés)
O packaging de Sementares está a obter numerosos recoñecementos, o último foi o dos EUROPEAN DESIGN AWARDS 2024
European Design Awards, 2024 (Silver)
Premio Nort, 2024
Premio LATAMPACK de Ouro ao mellor envase eco amigable
Selección CLAP 2023 en branding e packaging, como mellor sistema de identidade corporativa.
Sementares é unha nova produtora de sementes multi-especies que aposta por recuperar un produto de calidade colaborando cos agricultores, analizando a rastrexabilidade e rexistrando variedades autóctonas a partir do material parental conservado nos bancos de Germoplasma de Galicia. Dadas as características da empresa a sustentabilidade ten que reflexarse tamén nos envases, buscando sempre materiais innovadores como o bio-base, en canto ao deseño xógase con cores vivas que identifican rapidamente ás diferentes familias do produto e destacan nos estantes das tendas especializadas en horticultura.