Compostela, Territorio das Mulleres
O proxecto engloba diversos aspectos que van dende a propia identidade visual (tomando como punto de partida a creación dun símbolo para representar o empoderamento da muller e a propia cidade) ata carteis, a web da iniciativa, pezas audiovisuais de promoción, aplicacións, etc
Como punto de partida creouse esta marca para un proxecto de cidade igualitaria, inspirado en dous símbolos fundamentalmente. Por un lado, o símbolo da muller e do feminismo e por outro lado, o da vieira, un elemento asociado ca feminidade e que tamén representa á propia cidade e o camiño de Santiago. A estructura circular e radial dos elementos, escenifica ó mesmo tempo, á figura da muller e a propia estrutura urbanística da cidade. O resultado é un elemento visual dinámico de gran significado.
![]() | ![]() |



A través desta acción conseguiuse o apoio dos principais establecementos hostaleiros e literarios da cidade. Estes establecementos hostaleiros (hoteis,restaurantes,bares…) comprométense co decálogo de boas prácticas de Territorio das Mulleres. Un decálogo que inclúe aspectos tan relevantes como o uso da linguaxe inclusiva, fomentar a promoción laboral das mulleres, establecer un protocolo de actuación ante casos de violencia de xénero…
Para unificar a gráfica desta acción, deseñáronse ferramentas cas que os establecementos puidesen facer visible o seu compromiso ca iniciativa. Estos materiais foron fundamentalmente, elementos propios de cada actividade, como por exemplo, mandiles co identificador nos restaurantes ou postais e libros de firmas nos hoteis.
![]() | ![]() |

Tamén creouse a actividade “Literarias”, iniciativa mediante a cal, convidouse ás principais librarías e editorias de Compostela a que se implicasen na promoción da igualdade de xénero. Concretamente, propúxoselle que destacasen nos seus escaparates ou zonas visibles, escolmas de libros escritos por mulleres. Esta acción, enmarcada dentro da campaña 8 de marzo, tivo moito éxito e contou ca participación de 19 librarías, editoriais e bibliotecas da cidade.
Como proxecto transversal, implicouse con outras concellarías, como Deportes, Turismo, Xuventude ou Cultura. Organizáronse festas feministas ao redor do 25 de xullo, día da Patria Galega, creando unha comunidade con sensibilidade feminista e orgullosa de ter unha cidade aberta e inclusiva.
O proxecto foi valorado moi positivamente en programas europeos e tivo un percorrido máis alá da proposta e unha aceptación e recoñecemento social moi alto.
![]() | ![]() |
Finalista nos Premios da 5ª Bienal Iberoamericana de Diseño, 2016





