As diferentes aplicacións para hostalería estan disponibles no apartado “Descargas” do seguinte enlace
Social Compostela, Territorio das Mulleres
Campaña coa que os establecementos hostaleiros (hoteis,restaurantes,bares…) comprométense co decálogo de boas prácticas de Territorio das Mulleres. Este decálogo inclúe aspectos tan relevantes como o uso da linguaxe inclusiva, fomentar a promoción laboral das mulleres, establecer un protocolo de actuación ante casos de violencia de xénero… Para unificar a gráfica desta acción, deseñáronse ferramentas cas que os establecementos puidesen facer visible o seu compromiso ca iniciativa. Estos materiais foron fundamentalmente, elementos propios de cada actividade, como por exemplo, mandiles co identificador nos restaurantes ou postais e libros de firmas nos hoteis. Tamén creouse a actividade “Literarias”, iniciativa mediante a cal, convidouse ás principais librarías e editorias de Compostela a que se implicasen na promoción da igualdade de xénero. Concretamente, propúxoselle que destacasen nos seus escaparates ou zonas visibles, escolmas de libros escritos por mulleres. Esta acción, enmarcada dentro da campaña 8 de marzo, tivo moito éxito e contou ca participación de 19 librarías, editoriais e bibliotecas da cidade.