Trailer do documental

Documental completo
Proxeccións: 2017 Alén dos xéneros. Prácticas artísticas feministas en galicia | Do 27 de xaneiro ao 11 de xuño | Colectiva | Marco. Vigo Women in Work. Dona, art i treball en la globalizació | Do 7 de marzo ao 19 de maio | Colectiva | Sala D'Exposicións de la UPV Xornadas cine e muller | 7 de marzo | 20:00 h | Facultade de Ciencias da Información. Santiago de Compostela 2014 Festival Miradas de mulleres | 13 de febreiro | 19:30 h | Sala X, Facultade de Belas Artes. Pontevedra Pontevedra | 13 de marzo | 20 h | Casa das Campás. Pontevedra 2013 Santiago | 19 de marzo | 17:30 h | Facultade de Filosofía Festival de Cans | 21 ao 24 de maio | Cans, Porriño 2012 Santiago de Compostela | Mércores 1 de febreiro | 21.30 h | Cineclube de Compostela Vilaxoán | Venres 7 de marzo | 20.00 h | Centro Sociocultural de O Preguntoiro León | Do 23 de xuño de 2012 ao 6 de xaneiro de 2013 | Colectiva | Musac 
"Genealogías feministas en el arte español: 1960-2010"

 Ferrol | Mércores 7 de novembro | Centro Sociocultural Novacaixagalicia no II ciclo
 "Creadoras Galegas da Imaxe"

 organizado polo Consello da Cultura Galega 2011 A Coruña | 18 de marzo | Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán
 (Estrea) Santiago de Compostela | Xoves 31 de marzo | 19.30 h | CSC do Ensanche 
(Organiza Andaina. Revista de pensamento feminista) A Coruña | Xoves 7 de abril | 10.30 h | Facultade de Socioloxía 
(Ciclo de cine documental "Unha ollada ao social galego") Illa de Arousa | Domingo 17 de abril
 (Presentación) Vigo (Ciclo de cine documental "Unha ollada ao social galego")
 | Xoves 28 de abril | 20.00 h | MARCO
 (Presentación da revista A Festa da Palabra Silenciada) A Coruña | 21 de maio | 18.00 h | CGAI Barcelona | 26 de maio-5 de xuño | 
Festival de Films de Dones de Barcelona Lugo | 17 de xuño | Museo provincial O Carballiño (Ourense) | 11, 12, 13 e 14 de setembro | 
Xociviga. Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia A Coruña | 14 de setembro | 12.00 h 
Normal, Espazo de Intervención Cultural da UDC Cuenca | 24 de novembro
 | Semana Internacional de Cine de Cuenca "Mujeres en dirección" Santiago de Compostela | 24 de novembro | 21.15 h 
Cineuropa

Doli, doli, doli... Coas conserveiras. Rexistro de traballo

Produción da longametraxe documental dirixida por Uqui Permui sobre o pasado e o presente do traballo das mulleres

En 1989, preto de cen mulleres, catro delas en folga de fame, pecháronse na fábrica de Odosa, na Illa de Arousa, como protesta ao peche inminente da fábrica de conservas. Mentres estiveron pechadas gravaron un documental contando o que estaba sucedendo. A partir dese material, realizouse este novo documental que narra a historia contada polas mesmas protagonistas, mesturando pasado co presente. Co relato podemos facernos unha idea de como era e como é o traballo nas fábricas de conserva e a relación laboral das mulleres. Rexistro de traballo pretende deixar constancia do traballo destas mulleres das que, cando a fábrica ameazaba con pechar, non apareceu testemuña documental de que levasen trinta, e algunhas corenta anos empregadas alí. Son mulleres que denuncian como o traballo das conserveiras se considerou sempre un complemento do salario do seus compañeiros e non un salario en si mesmo, aínda que moitas vivan elas e os seus fillos unicamente deses ingresos. Unha historia de solidariedade e de empuxe por conseguir a dignidade.

Image removed.

Este traballo está baixo licenza Creative Commons-Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0.