Vídeo da vista guiada a Gallaecia Petrea

Unha visita guiada e dinámica á exposición para consultar online

Para rexistrar en vídeo a exposición Gallaecia Petrea, na Cidade da Cultura de Galicia, queríamos evitar a reportaxe de exposición de arte convencional, con tomas das obras e algunha música como acompañamento. Queríamos contar tamén unha historia, e para iso decidimos recrear unha visita guiada á mostra, cun dos guías que normalmente fai estes percorridos cos visitantes.

Cidade da Cultura de Galicia, 2012