MOV-S 2012
O espazo para a reflexión sobre o estado da danza e as artes do movemento
O Encontro Internacional de Danza e Artes do Movemento celebrou a súa última edición en xuño de 2012 na cidade de Cádiz. Para este evento, organizado polo Mercat de les Flors de Barcelona, encargáronnos a creación da súa imaxe. Comezamos construíndo unha gráfica a partir dun lettering específico, inspirado en tipografías monolineais e con certos rasgos futuristas que buscan transmitir dinamismo e fluidez. Entre as diversas aplicacións que se lle deu a esta imaxe, destaca a súa páxina web, un portal que non serviu só para a promoción senón tamén como espazo de traballo e reflexión sobre a situación da danza na actualidade.
Mercat de les Flors de Barcelona, 2012