Museo Pontevedra
Os símbolos teñen a función de representar moitas cousas e matices diferentes e, ao mesmo tempo, teñen que ser exclusivos para achegar un valor patrimonial. E ese foi para min o gran reto, crear unha identidade que se incorpore á cidade. Porque creo que, en Pontevedra, museo e cidade son complementarios… algo que normalmente non sucede e considero que é unha característica importante deste museo. Non é simplemente un edificio, senón que son varios edificios que se expanden pola cidade de forma orgánica… mentres visita un e outro cruzas as rúas, os soportais e dáste conta que en realidade toda a cidade é un museo. Dalgún xeito, esa foi a representación que Alejandro De la Sota fixo no seu debuxo, en 1942, e que foi utilizado ata o de agora como identidade, De la Sota debuxou a cidade… agora, cunha linguaxe diferente, e novos códigos quixen transmitir o mesmo.
Para deseñar o símbolo, partín de formas recoñecibles e emblemáticas de Pontevedra, esas formas que se repiten na arquitectura ou na ourivaría desde fai miles e miles de anos… así no lo comunican pezas como o tesouro de Caldas Reis, con pezas como o peite, un elemento de uso cotián que atopei mentres investigaba nas obras do museo; lembro que pensei –supoño que influenciada como estamos pola COVID, con todo o que tocamos– como serían as mulleres que usaban eses peites? Por que un elemento de uso cotiá, ao que normalmente non lle damos importancia, acaba convertédose nun tesouro cultural?
Ese fio, foi o que me axudou a construír este símbolo… unha “M” que dubida entre ser maiúscula ou minúscula e acabou sendo as dúas cousas… maiúscula como a relevancia do Museo que representa e, ao mesmo tempo, unha minúscula que transmite próximidade…