Sempre libres e vivas, un berro colectivo que traspasou fronteiras
2 Decembro 2024
No ano 2015 en Santiago, xorde Compostela en Negro, unha iniciativa municipal de sensibilización social contra as violencias machistas a propósito da celebración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Ao ano seguinte, no 2016, co impulso e coordinación do concello de Santiago de Compostela, esta acción esténdese a outros 17 concellos, dando lugar a “En negro contra as violencias” una campaña de sensibilización a nivel galego, que se foi ampliando progresivamente durante os anos seguintes.
A publicación recolle a evolución da campaña durante oito anos, e documenta como se foi expandindo e crecendo con cada acción realizada en concellos –grandes e, sobre todo, pequenos– nas escolas e nas empresas. Unha acción transversal, que tamén traspasou fronteiras, chegando á cidade de Morelia, en México, ou á universidade de La Laguna en Canarias. Foi significativa por moitos motivos, un deles é a implicación de moitos homes que tomaron posición contra as violencias machistas.
O pasado 25N, presentando o libro no programa Zig Zag da man de Pilar G. Rego
Tamén o presentamos en Santiago, na libraría Lilit, no Concello de Tomiño, na Galeria Maraca en Vigo, en Cerceda…
O libro é tamén un Manual de como poñer en marcha a acción, como recolle Tamara Montero no prólogo:
“En que intre nacen os símbolos? […] Se cadra a pregunta non é cando, senón como: como unha campaña para o 25 de novembro dun concello galego rematou por batuxar nas costas do Cantábrico e mesmo viaxar a Morelia; como foi quen de amalgamar máis dun cento de concellos, deputacións, empresas, equipos de fútbol, bares, fogares e mais escolas; como tinguiu de negro ao mesmo tempo unha Catedral e unha corredoira. Aí, na xente, na apropiación colectiva, é onde nacen os símbolos.
Quere ser este libro un pequeno compendio de comos. Como construír dende a base unha campaña capaz de conectar con amplas capas da cidadanía? Como convertela nun berro de país, nunha referencia? Como se vai nutrindo de todas e cada unha das achegas? Como penetra en recunchos onde o feminismo sempre fora palabra forasteira?
É isto un manual para crear un símbolo. Para seguir loitando contra as violencias.”
Este libro es una testigo visual de esta acción social contra las violencias machistas, mostrando cómo se moviliza la sociedad para luchar contra esta problemática. A través de intervenciones de cientos de personas se convirtió en una herramienta de sensibilización y denuncia, que inspira y fortalece el compromiso social por la igualdad y el respeto. Descubre cómo pequeñas acciones pueden cambiar realidades.