Carteis Cineuropa
Traballos para diferentes edicións do festival de cinema de Santiago de Compostela
Cineuropa conta con varias décadas de historia e nos últimos anos converteuse nunha cita imprescindible para a cidade no mes de novembro. Durante varias edicións, desenvolvimos a imaxe do festival e deseñamos todos os elementos de comunicación: anuncios, programa de proxeccións, sinalización das salas, cortinillas para os filmes, vídeos promocionais, etc. buscando cada ano non tanto o impacto (o festival é tan popular que case non precisa publicidade, é o propio público quen reclama información sobre el) coma a implicación cos espectadores na imaxe e a súa comodidade á hora de asisitir ás proxeccións.
Concello de Santiago, 2004-2010