Carteis Gallaecia Petrea
Serie de carteis con obras destacadas da exposición
Esta serie de carteis recolle cada unha das partes da exposición Gallaecia Petrea (de esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Medievo, Prehistoria, Xeoloxía, Roma, Moderna, Contemporánea), empregando pezas senlleiras de cada unha delas: o disco ornamental de Sabanle, un labirinto de once voltas castrexo, o monte Pindo, un brocal de pozo romano, un detalle dunha peza de acibeche e unha peza de Mon Vasco. As fotografías son de Ovidio Aldegunde e Mani Moretón.
Cidade da Cultura de Galicia, 2012