Restaurante Silabario. A Sede

O restaurante está situado na cúpula dun histórico edificio en Vigo, obra do arquitecto Manuel Gómez Román, e reformado en 2018 por Alfonso Penela, foi cando nos encargaron crear a identidade do restaurante e idear xunto ao arquitecto o estilo e a súa decoración. O reto era deseñar un espazo que, dentro da maxestosidade do lugar, resultase cómodo e informal. A proposta consistiu en utilizar os mínimos elementos, de modo que non lle restasen protagonismo á gran cúpula, á vez que emitisen unha mensaxe de familiaridade. Isto conseguiuse grazas á selección do mobiliario, elementos puntuais de decoración vexetal, manteis individuais e mesmo a colocación dos panos de mesa; tamén con elementos como os uniformes, os pratos etc.

Alberto González Prelcic era xa un destacado chef, e tiñamos traballado xuntos no anterior restaurante en Tui polo que coñecia o seu estilo e identidade. A súa cociña está arraigada na tradición e ten un fondo acento galego.

En só un ano de andaina, pódese dicir que o espazo comeza a ser recoñecido e a situarse como un dos mellores restaurantes galegos. O deseño da carta tamén foi fundamental para completar a comunicación do proxecto. Creáronse unhas cartas en madeira co logotipo troquelado para deixar entrever o papel interior que, mediante un código de cores, identifica as diferentes cartas: o menú, os viños, incluso os idiomas.

 

Imagen
carta silabario
Imagen
carta silabario
 
 
O estudio continúa traballando conxuntamente co chef para mellorar día a día a experiencia dos clientes, e colabora mesmo dentro da cociña deseñando xuntos algúns pratos, como o polvo lacado ou o prato de ensadilla de camarón.
 
 
Imagen
polvo lacado, silabario
Imagen
ensaladilla de camaron

 

Silabario Gastronomía / A Sede RCCelta