Monte Pindo
animacion sobre o logo do xacobeo 2027

A nova identidade da Fundación Paideia pretende conectar lugares, experiencias e persoas. Baséase nos conceptos de flexibilidade, adaptabilidade, diversidade e coidado: valores que definen o seu traballo e orientan a súa acción. O deseño da marca responde á necesidade de crear un sistema visual que se amolde ás diferentes demandas da Fundación. Inspirámonos na idea de transformación, que reflicte con precisión esta característica e transmite unha personalidade viva e en constante movemento.

As identidades gráficas dinámicas son sistemas de deseño que permiten a unha marca axustar a súa imaxe visual a diferentes contextos e situacións, sen perder recoñecemento nin unidade.

 

 

Imagen
logo paideia (reducido)
simbolo animado Paideia

"Sempre libres e vivas" un libro sobre como poñer en marcha a acción transmedia En negro contra as violencias, unha acción que se converteu en símbolo grazas á apropiación da cidadanía. 

 

O libro, de 458 páxinas, recolle o resultado da acción de sensibilización social En negro contra as violencias que se levou a cabo baixo unha perspectiva transversal, comunitaria e en rede para concienciar a cidadanía sobre a existencia de diferentes formas de violencia machista que constitúen un grave problema social. A dimensión comunitaria da campaña ten o seu principal reflexo na apropiación da mensaxe por parte da poboación destinataria e dos stakeholders. Apostou, tamén, por identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións que están detrás das violencias de xénero a través do uso de materiais de campaña específicos, de código aberto e de libre uso para toda a poboación.

 

Distribuie Consorcio Editorial Galego, e venda online voandolibre.gal

Proxecto lugares

 

Proxecto Lugares é unha iniciativa de pensamento contemporáneo, aprendizaxe e intervención paisaxística que se desenvolve no espazo público dunha das rutas máis transitadas en todo o mundo: o Camiño de Santiago.

Nace do cruzamento entre a arquitectura da paisaxe, a artesanía e o deseño, no eidocontemporáneo, coas comunidades locais que habitan territorios polos que transita o Camiño de Santiago.

 

A participación no proxecto foi de colaboración no desenvolvemento e de recoller a historia para narrala no libro. Do deseño global e da publicación, un libro que recolle todo o proceso, as xornadas e os taller.

 

Enlace ás publicacións (versión galego, castelán e inglés)

portada de proxecto lugares

O packaging de Sementares está a obter numerosos recoñecementos, o último foi o dos EUROPEAN DESIGN AWARDS 2024

 

European Design Awards, 2024 (Silver)

Premio Nort, 2024

Premio LATAMPACK de Ouro ao mellor envase eco amigable

Selección CLAP 2023 en branding e packaging, como mellor sistema de identidade corporativa.

 

Sementares é unha nova produtora de sementes multi-especies que aposta por recuperar un produto de calidade colaborando cos agricultores, analizando a rastrexabilidade e rexistrando variedades autóctonas a partir do material parental conservado nos bancos de Germoplasma de Galicia. Dadas as características da empresa a sustentabilidade ten que reflexarse tamén nos envases, buscando sempre materiais innovadores como o bio-base, en canto ao deseño xógase con cores vivas que identifican rapidamente ás diferentes familias do produto e destacan nos estantes das tendas especializadas en horticultura. 
 

International Union of Architects / Union Internationale des Architectes (UIA)

 

Arquitectura web e deseño para a federación de organizacións profesionais que traballan para unificar aos profesionais da arquitectura, influír nas políticas públicas e promover a arquitectura ao servizo das necesidades da sociedade.

A complexidade deste traballo foi sobre todo conseguir unha arquitectura web robusta, sinxela e ao mesmo tempo cun deseño amable e accesible para territorios dispares. 

 

web uia-architectes

portada de inicio da web da uia

Tótems da Memoria Democrática, 2025

Este proxecto nace para facer visible os traballos de documentación, exhumación e identificación das vítimas do franquismo localizadas en distintos cemiterios de Galicia. Un labor de memoria levado a cabo polo grupo Histagra da Universidade de Santiago de Compostela.

 

Para marcar estes espazos e dignificar a súa historia, deseñáronse uns tótems inspirados nos antigos túmulos de pedra. O resultado é un totem que lembra un banco de pedra, cun respaldo elevado onde se integran paneis coa documentación recompilada en cada lugar.

Realizamos unha investigación de campo ao lugares onde se tiñan pensado a súa instalación que serviu para adaptar a forma, o tamaño e a presenza do tótem ao contexto de cada espazo, sen impoñerse, sen romper o silencio natural que os envolve.

Na elección dos materiais combinouse o metal coa pedra —materia da terra e da paisaxe—. Buscáronse canteiras próximas que ofrecesen pedras semellantes ás dos muros e estruturas funerarias, para que os tótems formasen parte do lugar sen estridencias, coma se sempre estiveran alí.

Como parte da proposta, tamén se creou unha identidade visual propia: unha marca que axuda a recoñecer estes sinais da memoria, e que reforza a súa presenza simbólica e comunicativa.

portada Palacios