En negro contra a violencia, unha experiencia social transmedia
Actualmente, a converxencia de medios permítelle á cidadanía converterse en participantes activos dos contidos que se difunden. Relatos e accións que non se basean, do mesmo xeito que neste proxecto, simplemente nas redes sociais, senón que combinan, de forma eficaz, o contacto físico, real, co virtual, tanto utilizando internet como ferramenta de conexión, coordinación e difusión, como por medio de talleres ou accións na rúa, valéndose do contacto persoal para conseguir unha maior repercusión…