Investigar
Crear valor (branding)
Deseño de experiencias
Innovación
Campañas sociais

É importante coñecer as necesidades e buscar as ferramentas necesarias para chegar á mellor solución. Para iso, creamos diferentes equipos interdisciplinares –ou nos incorporamos a equipos xa formados– dependendo das necesidades de cada proxecto.

Taller Atlas

1

Investigar + idear + prototipar:

Mediante o estudo e a observación tentamos comprender como pensan e actúan as persoas usuarias, para enfocar a empatía cara á marca.

É importante entender o contexto. Estudando o pasado, o presente e o futuro permitiranos ter un amplo coñecemento dos patróns comerciais, as necesidades do cliente / e os seus desexos, así como as tendencias que permitirán unha oportunidade de crecemento.

2

Crear valor

O que significa deseñar novas marcas, produtos, servizos, experiencias e procesos no ecosistema da marca.

Os tipos de valor que se necesitan dependerán de cada estratexia de negocio, as oportunidades de mercado, e as novas tendencias.

3

Deseño de servizos

Experiencia de usuario/a (UX)

É a práctica de deseñar produtos, procesos, servizos, eventos e contornas poñendo o foco na experiencia que teñen as persoas que o van a usar. Buscando solucións tendo en conta o medioambiente, o lugar e a tradición cultural.

4

Innovación

Porque nin a sociedade nin o deseño é algo estático, necesítase unha continua innovación tentando mellorar os produtos ou servizos.

5

Campañas sociais / transmedia

Non chega con crear un relato, é importante ademais implicar ás persoas usuarias para que realmente poidan asumir a mensaxe e á súa vez compartilo.

O deseño é a mellor ferramenta para que o márketing sexa efectivo.

Deseño e publicidade teñen que ir da man, mentres o márketing é táctica, o deseño é estratexia, por iso é moito máis probable que o que nos gustou quede na nosa mente asociada a un produto, servizo ou organización.

A publicidade será efectiva se está acompañada dunha marca consistente e teña un bo deseño.