Trailer do documental
Documental completo
Audiovisual Asuntos Internos
Esta peza de mulleres que desafían os roles de xénero hexemónicos. Do íntimo ao público. Os relatos privados de catro mulleres de distintas xeracións fan visíbel a estrutura histórica do último século. Da república aos anos da dictadura de Franco, o exilio, a transición e o cambio socialista. Cada momento histórico envolve as vicisitudes que che tocan vivir. Non escollemos, formamos parte do entretecido social. Os relatos destas mulleres transcorren paralelos á historia, malia térselles negado formar parte da Historia (con maiúscula). Podemos construír un espazo e un tempo a través da súa memoria. Non falan do presente, cada unha delas fala dun intre preciso da súa vida que ten significado público. O filme foi seleccionado para o festival Rencontres Internationales (París / Madrid, 2009) e para o ciclo de cinema da mostra En todas as partes. Políticas da Diversidade na Arte, comisariada por Juan Vicente Aliaga (CGAC, Santiago de Compostela, 2009). Tense distribuído ademais a través de numerosos colectivos trans de todo o mundo. Actualmente forma parte da Colección CGAC.
Este traballo está baixo licenza Creative Commons-Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0.
Filme seleccionado para o Festival Rencontres Internationales, 2009